20.7.12

"A insoportable levidade do ser"... licenciado

Hoxe estrénome como "opinadora" no portal literario Letra en Obras

Desde o lanzamento do primeiro volume colectivo, 17 letras sen día, (recopilación de relatos de novas plumas, entre as que me atopo) Letra en Obras foise convertindo pouco a pouco nunha fiestra aberta que enche de aire fresco o panorama cultural galego. Palabras cargadas dese aire necesario para inflar os pulmóns da escrita actual, que xa comeza a despegarse da asfixia dos circuítos pechados. 

Artigos de opinión, novidades, entrevistas, certames, noticias... todo cabe nesta caixiña virtual de letras "en obras". Letras, por certo, ben heteroxéneas e variadas, de todos os tamaños e cores pero sempre cunha forma coidada á perfección. E sobra dicir que todas elas de lectura recomendada. 

O meu artigo deste mes relaciona ó escritor checo Kundera coa "insoportable" situación traumática post-licenciatura. Se che picou a curiosidade (ou o aburrimento) e tes uns minutiños pra ler, pica tamén AQUÍ

Volverei á carga tralas vacacións de agosto!