Que sería de nós sen Ronseltz!!
Só direi que hoxe topei cunha escolma de Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados e... alegroume o café. Pero moito. Retranca, surrealismo e risas a esgalla!
Deixo aquí un xenial remix do poeta do Caurel:
NOVONEYRA EN NOVA YORK
I
O poeta paga dez dólares nunha
gasolineira de Harlem por un
Cacaolat
Eiquí síntese ben o pouco que vale un peso.
II
B.B. King ofrece un recital
desde o piso 122 do Empire
State Building
No bicarelo do bico do brelo
canta un home negro
no mesmiño
bicarelo do bico do brelo.
III
Novoneyra, reflexionando,
perde o taxi por non estar
atento.
Este taxi que pasa
¿é meu ou colleumo ela?
No hay comentarios:
Publicar un comentario