Contracampo
I-
A
ansiedade era
poñer
interrogacións a clarear en corda pita
e
observar a traxectoria de cada pinga
precipitarse
contra o cemento
a
cámara lenta
antes
de
que todo estoupase.
II-
Foi
un enxordecer das
horas
unha certeza a
cincelar o aceno
mentras fóra de
cadro todo treme.
Foi corcheas ardendo
nos pés
e un ritmo a tempo que xa non se detén
ó final do pentagrama
III-
Lembra
Ícaro
que a abrasión é a
máis sedutora das saídas
que máis aló do sol
se proxectan
átomos de po
incandescente
butacas desde as que
contemplarte en cenital
espellos extintos.
*propósito de aninovo... volver. encher de letras a paréntese
No hay comentarios:
Publicar un comentario