|  | 
| Pêndulo, da serie "Cinco poemas concretos" (E.M. de Melo e Castro) | 
Era unha danza
monocorde de buxainas
o tempo
xirasois orbitando a
altísimas velocidades
entre zénit e nadir
eu            na sombra
mimetizando o ciclo das
serpes.
Nos pés a éxtase de fuxir
fóra de cadro
onde non hai tacto e
todo é partícula de incerteza.
Porque habitamos a
parábola do péndulo
sabémonos eternamente         entre equilibrio          e suicidio
escribímonos
para que o dioivo non
nos arrastre
ou tal vez
para afogar nos trazos
que nos definen
e renacer
     da aspereza do grafito
en cada palabra.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario