Morning sun (Edward Hopper) |
Foi o
silencio entre os corpos
unha
dilatadísima secuencia de Antonioni.
Palabras
á intemperie
que
temen a devastación da pronuncia
e
reptan a agocharse
a cámara lenta.
Foi o
silencio entre os corpos
unha claridade
cenital
unhas
mans que xa non lembran fogar nin norte.
unha
pel enxordecida
polo
arder das eclipses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario