14.10.14

Intemperie

Morning sun (Edward Hopper)


Foi o silencio entre os corpos
unha dilatadísima secuencia de Antonioni.

Palabras á intemperie
que temen a devastación da pronuncia
e reptan a agocharse
a cámara lenta.

Foi o silencio entre os corpos
unha claridade cenital 
unhas mans que xa non lembran fogar nin norte.
unha pel enxordecida

polo arder das eclipses.




7.9.14

Péndulo

Pêndulo, da serie "Cinco poemas concretos" (E.M. de Melo e Castro)























Era unha danza monocorde de buxainas
o tempo
xirasois orbitando a altísimas velocidades
entre zénit e nadir
eu            na sombra
mimetizando o ciclo das serpes.

Nos pés a éxtase de fuxir fóra de cadro
onde non hai tacto e todo é partícula de incerteza.

Porque habitamos a parábola do péndulo
sabémonos eternamente         entre equilibrio          e suicidio
escribímonos
para que o dioivo non nos arrastre
ou tal vez
para afogar nos trazos que nos definen
e renacer
     da aspereza do grafito

en cada palabra.

28.7.14

Delta Acuáridas

   




















Levas na pel o mercurio todo da praia
e resplandeces coa beleza da enfermidade

No teu corpo, Vega, Deneb, Altair
a harmonía das esferas
a febre.

E bailas espida entre as ondas
xiras desfaste en cristais de rocha
Vega    Deneb    Altair
Vega    Deneb    Altair

   un fulgor de constelación abrasando a tarde.

12.2.14

Lembrando a Cortázar


Piensa en esto: cuando te dan un reloj te regalan un pequeño infierno florido, una cadena de rosas, un calabozo de aire. No te dan solamente el reloj, que los cumplas muy felices y esperamos que te dure porque es de buena marca, suizo con áncora de rubíes; no te regalan solamente ese menudo picapedrero que te atarás a la muñeca y pasearás contigo. Te regalan - no lo saben, lo terrible es que no lo saben -, te regalan un nuevo pedazo frágil y precario de ti mismo, algo que es tuyo pero no es tu cuerpo, que hay que atar a tu cuerpo con su correa como un bracito desesperado colgándose de tu muñeca. Te regalan la necesidad de darle cuerda todos los días, la obligación de darle cuerda para que siga siendo un reloj; te regalan la obsesión de atender a la hora exacta en las vitrinas de las joyerías, en el anuncio por la radio, en el servicio telefónico. Te regalan el miedo de perderlo, de que te lo roben, de que se te caiga al suelo y se rompa. Te regalan su marca, y la seguridad de que es una marca mejor que las otras, te regalan la tendencia de comparar tu reloj con los demás relojes. No te regalan un reloj, tú eres el regalado, a ti te ofrecen para el cumpleaños del reloj.


(en Historias de Cronopios y Famas)

27.1.14

Pel


                                                                     Oldřich Kulhánek



Hoxe
a dor dos verbos en primeira persoa

a miña pel estráñanos.





20.1.14

Adoración

                                                                                      Alison Glew


Día 0
O día que marchaches a humidade tomou a casa.
Foi primeiro nebulosa,
presaxio.
Pechei as contras.


Día 7
Un sudario de sombra asfixia a inocencia que resta.
Que doado agardarte así
crendo que do escuro nacen hedras.


Día 28
A mancha estendeuse polas paredes coma un cancro.
Vai frío.
Erixín un altar no estremo máis ó norte
e agora sento a contemplar a beleza das formas.
A randeeira crávaseme no lombo
esburaco con furia a carne e relambo os dedos
que o frío entre e me devore.


Día 30
Medran silvas baixo a alfombra
coas dedas rabuño a terra
e sangro.


Día 46
E só quero que volvas ou morrer gota a gota
percutido o cráneo coa erosión dos pigmentos.
Celebrar a ferruxe baixo a lingua
e bailar a febre por todos os cuartos
bailar, bailar espida e tola
abrazar a humidade para sentirte preto.


Día 50
Só teño de ti este aire infectado,
esta histeria.

12.1.14

Standby

Foto:  Praha Hlavní Nádraží - estación central




Paro a película e
unha presión xorda de auga nos oídos
                                   a dous metros baixo a superficie

A quietude un sol de grilos na estación baleira
á agarda
—western ferroviario—
en stand-by
            en Stand by
                                                (me)





[1] En  “Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión" (Ed. Bubela)