7.9.14

Péndulo

Pêndulo, da serie "Cinco poemas concretos" (E.M. de Melo e Castro)























Era unha danza monocorde de buxainas
o tempo
xirasois orbitando a altísimas velocidades
entre zénit e nadir
eu            na sombra
mimetizando o ciclo das serpes.

Nos pés a éxtase de fuxir fóra de cadro
onde non hai tacto e todo é partícula de incerteza.

Porque habitamos a parábola do péndulo
sabémonos eternamente         entre equilibrio          e suicidio
escribímonos
para que o dioivo non nos arrastre
ou tal vez
para afogar nos trazos que nos definen
e renacer
     da aspereza do grafito

en cada palabra.