22.10.11

Domingo lagarto


Domingo lagarto
ou de como atrapar coas xemas un bico de luz.

Sentirse serpe
mudar de pel             e de soño
                con preguiza felina.

O radiador baila volutas de fume sobre a parede vermella-sol
crótalos
beliscan as horas de veludo.

Todos os animais que fun
xogan a perseguirse polos meus lunares.

E sei que é posible ver as estrelas da tarde
brillando
debaixo das pálpebras.

1 comentario:

  1. retiro o dito no sms, o final si que vou chorar...

    ResponderEliminar