7.9.12

"a Deus Rugando e co mazo dando"

Agosto foi un mes produtivo. En letras e fotogramas. Por iso setembro non coñece de depresión post-vacacional e preséntaseme como unha continuación de xullo. Non sei se é sorte ou enfermidade, o caso é que estiven estes meses cargadiña de proxectos. 

O último deles foi a realización dun booktrailer, xénero que comeza a despuntar por estas terras. Consiste na adaptación dos trailers cinematográficos ó campo da literatura, suxerindo así nun vídeo de curta duración a esencia principal dun libro. Neste caso, "Rugando", de Celia Díaz (celia nai). 

Foi un proxecto moi especial, xa que implicou a participación de toda a familia. Cunhas localizacións tan inmellorables como as da Casa Grande da Ferrería de Rugando, no fondo do Caurel, unha vella casa familiar e a axuda de pai, nai e irmá, rodar este booktrailer foi unha experiencia ben bonita e divertida. Recreamos entre luz de candeas o descubrimento duns antigos documentos sobre a arte da alquimia, emulamos a rodaxe dunha documental sobre as terras de Rugando... E isto, aderezado cunha banda sonora made in feita na casa e unhas cantas (moitas) horas de post-produción converteuse neste manxar audiovisual: 


Déixovos aquí o blog oficial do libro, onde atoparedes reseñas de prensa sobre o seu contido e máis información sobre a autora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario