18.9.11

Abro paréntese

(...

Non sei se será setembro, ou a crise postvacacional, ou tanta cafeína en vea, pero hai algo que me sacode as costas. Penso que estou sufrindo unha época de reestruturación vital. A consciencia de comezar o derradeiro ano de carreira, sumado ás conversacións apocalípticas sobre a incerteza do futuro tampouco axudan moito. Estache a cousa moi chunga.

Malia tanta negrura, o certo é que hai algo, si, que me anima a espremer ó máximo este meu último ano en Compostela. E ese algo son as letras.

Despois de estar un ano fóra, aló nas terras do gulash e a cervexa, desconectada de recitais e versos (en galego, pois ter tiven a oportunidade de botarlle unha ollada á poesía inglesa e checa), entroume unha renovada morriña por volver xogar coas palabras. Así que pecho a paréntese do meu anterior caixón desastre, A orillas del Moldava, xa que non quero seguir vivindo de recordos: quero crear outros novos. Seguirei deitando flashbacks de cando en vez (no fondo unha é unha nostálxica), mais adicareime de agora en diante a abrir parénteses e enchelas de voz, palabras, puntos e comas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario